Próximo evento: Agile Aplicado
que é?
imos desenvolver un proxecto web en 7 horas aplicando metodoloxías áxiles, boas prácticas e compartindo experiencias.
en 7 horas?
si, en 7 horas. Se non o rematamos tampouco será un problema, o interesante é o aprendido polo camiño.
e estarei preparado?
pois se tes coñecementos de Java, algunha experiencia facendo probas de unidade, desenvolvemento para web e ilusión por mellorar seguro que o estás. Soamente terás que traer o teu portátil con Eclipse instalado e gañas de aprender e compartir.
cando e onde?
vai ser o día 21 de Maio en Santiago, na sede de EGANET, na Rúa
Pombal, 43 Baixo, que colabora connosco na organización do
evento. Comezaremos sobre as 10 a.m. e debes ser puntual
hai que inscribirse?
pois sí, hai que inscribirse dado que o local ten un aforo máximo. A partir do mercores 11 de maio, poderedes inscribiros no seguinte enlace http://inscripcion.agile-galicia.es
Este evento podese celebrar gracias a colaboración de eganet, quen nos cede as instalacións.
Benvida
Benvidos á nova páxina da comunidade galega interesada en metodoloxías áxiles.
Esta páxina substitue ao anterior blog axilmente.blogspot.com, ainda que como vedes está todo un pouco verde. Pouco a pouco iremoslle dando forma e pasando os contidos do antigo blog a esta nova páxina.






























